Un vendedor de
peles de lobo rescata a unha vítima de Romasanta.
“Camiñou até a
fiestra que contiña algo parecido a luz, un resplandor de lareira cansa que
iluminaba dende abaixo os rostros das tres mulleres e o do home. Cosían,
tamén el. Falaban e rían coa mirada centrada no labor. (...) Ao home pequeno tamén o coñecía doutras
veces. O noxo que lle tiña non chegaba a callar en odio. Aquela voz
afrautada, o seu recendo a xabón de muller, a forma de camiñar con pasiños
curtos e silandeiros...”
Rodríguez Rivera,
Luís. “O corvo alaricano” en V.V.A.A. Contos do sacaúntos. Romasanta o
vagabundo. Dr.Alveiros, da Fundación Vicente Risco. 2019. Páx. 79.
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario