Capa do libro. Ed. Xerais. Colección Narrativa nº 434. Vigo, 2018. |
Obra polifónica na
que a partir de breves e suxestivos textos vaise relatando a vida de Manuela
Blanco Romasanta, centrándose na súa conflitiva identidade sexual. Unha
diversidade de voces narrativas tratan de dar unha visión de conxunto desta
poliédrica historia. Gañadora do Premio Xerais de Novela 2018.
(“El bosque de
Ancines” non se puido facer co primeiro posto no premio Nadal, pero por fin,
sesenta e un anos despois, unha novela inspirada en Manuel Blanco Romasanta
gaña un premio literario importante.)
Presentación do
libro na páxina web de Xerais:
Premio Xerais de Novela, 2018 - Premio Fervenzas
Literarias ao Mellor libro de narrativa, 2018 - Premio Fervenzas Literaria á
Mellor capa de adultos do 2018.
Besta do seu sangue relata, con grande orixinalidade, unha
historia inspirada na figura e no mito de Blanco Romasanta desde unha visión
que propugna unha revisión de xénero. Disposta como un conxunto fluído de
microunidades narrativas, na novela conviven os rexistros culto e coloquial
para vencellar as voces partícipes da historia e da creación do mito nacido
arredor da persoa que foi considerada a primeira asasina en serie da nosa
historia. A obra supón unha proposta transgresora e fragmentaria que se
caracteriza por esa multiplicidade de voces, polo seu esencialismo narrativo e
por exhibir diversos rexistros para abordar o tema da licantropía desde unha
perspectiva de xénero. Narrada desde unha linguaxe poética, ao longo das
páxinas desta excelente novela, salienta unha atmosfera de desacougo e angustia
para abordar o tratamento dun personaxe que bebe das fontes cultas, mitolóxicas
e populares galegas para reavivar a figura do lobo e a súa convivencia co ser
humano.
No hay comentarios:
Publicar un comentario