Cartaz da película. |
Película dirixida por Pedro Olea en 1970, baseada na novela “El bosque de Ancines” de Martínez-Barbeito. Recibiu o premio San Gregorio no Festival de cine de Valladolid, “Seminci”, en 1970.
Outro cartaz. |
Duración: 87m.
Guión de Pedro Olea e Juan Antonio Porto. Música: Antonio Pérez Olea.
Fotografía: Aurelio G. Larraya. Reparto: José Luis
López Vázquez, Amparo Soler Leal, Antonio
Casas, Nuria Torray,Alfredo Mayo, John
Steiner, María Arias, Modesto Blanch.
Fotograma. |
Sinopse: Benito Freire é un vendedor ambulante que vive miserablemente nun ambiente
dominado pola ignorancia e a superstición. Dedícase a ir polos pobos galegos a
vender e padece severos ataques de epilepsia. Pola comarca empeza a extenderse
o rumor de que é un home lobo e de que está poseído por un espíritu demoníaco.
E son, precisamente, as historias que de el se contan as que comenzan a facelo
enloquecer.
José Luis López Vázquez (Benito Freire) |
A raíz da segunda
edición da novela, de 1966, Juan Antonio Bardem interésase polos dereitos do
libro coa intención de facer unha versión cinematográfica. Tres meses sen
volver dar noticias e aparece o guionista Juan Antonio Porto e o director Pedro
Olea dispostos a facerse con eles. Cando Martínez-Barbeito acaba de venderllos
aparece novamente Bardem dicindo que xa ten todos os medios para producir a
película, pero xa era demasiado tarde.
O filme foi rodado en Santa Baia de Berredo, Celanova, Verín, Becerreá, Tui e Astorga. Non foi do agrado do almirante Carrero Blanco, quen intentou prohibir a película despois de
vela en sesión privada.
Sen lugar a
dúbidas unha gran adaptación cinematográfica especialmente acertada no retrato
da Galicia rural na que tiveron lugar as andanzas de Romasanta. Segue fielmente
a historia narrada por Martínez-Barbeito.
No hay comentarios:
Publicar un comentario