Irmá de Manuela e
Benita. Nai de José. Nacera o 26 de agosto de 1801 en Castro de Laza, onde
vivirá toda a vida. Morre o 2 de xaneiro de 1851 nas Gorvias cando vai tras os
pasos das súas irmás e o seu fillo. Parece ser que estivo casada cun tal Pazos,
pero nada se sabe da súa vida sentimental.
Soamente dous
meses e medio despois, no mesmo sitio que o seu fillo, atopará a morte a mans
do Tendeiro cando se decidira a ir tamén ela para Santander despois de
desfacerse das súas posesións, que non eran poucas. Será o primeiro día do novo
ano de 1851 cando partan de Castro acompañados de María, outra das súas irmáns,
durante un pequeno traxecto. Toman o sendeiro de Correchouso, en vez de
dirixirse cara As Arrúas, como noutras ocasións. Cando o camiño empeza a
empinar, nas Petadas das Paredes, dará a
volta María co asno no que ía.
No hay comentarios:
Publicar un comentario