Romasanta na súa
declaración ante o xuíz de Allariz indica ter cometido outras mortes, das que
finalmente nade se puido demostrar quedando absolto da súa autoculpabilidade.
Sobre 1847, un
día 28, de non se sabe que mes, en compaña de Genaro e Antonio, afirma
Romasanta perseguir a dous irmáns que viñeran á feira de Viana, e cando ían de
regreso para o seu pobo de Soutelo, no Val do Couso, e nun momento que se
separaron, os tres, baixo forma de lobo atacaron e devoraron á rapaza xunto ao
pobo de As de Xarxes.
María Pérez, de
Changuazoso; Josefa Arias, de Fornelos e María Antonia Rodríguez, de
Sotogrande, todas elas en terras de Viana, foron devoradas por lobos entre
abril e maio de 1849. Parecen ser as vítimas as que alude Romasanta na súa
declaración.
No hay comentarios:
Publicar un comentario