sábado, 21 de diciembre de 2019

Diagnóstico


Múltiples teñen sido os estudos aos que se teñen sometido a figura de Manuel Blanco Romasanta, tratando de atopar unha explicación aos seus asasinatos e un diagnóstico que explique o seu comportamento. Co paso do tempo foron variando estes enfoques, aparecendo novas perspectivas e desbotándose outras. Analizamos sucintamente algunhas delas, para achegarnos a esta figura poliédrica, xa que probablemente non chegue un único punto de vista para tratar de entender a este home, a este asasino en serie.

O fiscal falaba dun asasino frío e sen escrúpulos que mata por interese económico ou por ocultar crimes anteriores, e que utiliza a mutación en lobo para librarse do garrote vil. Pero tamén fala dun monstro que sente pracer coa morte allea.

No hay comentarios:

Publicar un comentario