martes, 17 de diciembre de 2019

Mortes atribuídas (III): Vicente Fernández


En agosto de 1843 o alguacil de León, Vicente Fernández, búscao para embargarlle a tenda, xa que debía 600 reais ao comercio “Alonso y Sardo” de Ponferrada. O día 21 dese mes o alguacil sae na súa procura. Ao día seguinte, segundo a viúva de Vicente, este atopou a Manuel en Pardavé. Pero ninguén puido confirmalo. A noite do 25 aparece o cadáver do alguacil a media legua de Pardavé, no monte de Almagariños (entre o pobo do mesmo nome e Tremor de Abajo), faltándolle bastantes pertenzas. Todo apuntaba a Romasanta e a súa importante débeda. Múltiples foron as confusións arredor desa situación: ninguén podía testificar que vira a algún dos dous, só a confesión dunha taberneira de Brañuelas que falaba dun galego que levaba novas e caras prendas de vestir que podían ser as que lle faltaban ao cadáver do alguacil; seica o mesmo día 22 Romasanta presentáralle ao alcalde de Pardavé un recibo que demostraba que a débeda xa fora satisfeita.

Pese a falta de probas, e ante a ausencia de outros posibles culpables e motivos, o 10 de outubro de 1844 –case catorce meses despois- o Xulgado de Primeira Instancia de Ponferrada condenaba a Blanco a dez anos de presidio. O 3 de decembro dese mesmo ano a Audiencia de Valladolid confirmaba o auto. Pero ninguén sabía de Manuel Blanco Romasanta desde había tempo, xa que estivera desaparecido durante todo o proceso xudicial. Daquela xa se agochara na súa terra, novamente. No xuízo de Allariz negara ter cometido tal crime. A súa chegada a Rebordechao comentaralle a varias persoas que o motivo que o levaron ata alí foi agocharse dunha falsa acusación de asasinato duna alguacil nas terras de León. Parece non ter nada que ocultar, aínda que si ocultarse el da xustiza.

No hay comentarios:

Publicar un comentario