domingo, 22 de diciembre de 2019

O meu cairo de ferro

“Cando estou de pé, tiro o coitelo do cinto. Sei que agora os meus ollos son doutro xeito, brillan cun estraño fulgor. Son ollos de lobo. Non son espellos do lume da fogueira, non. Son pozos abertos ao inferno que arde dentro de min. Achégome á muller indefensa – e daquela o zunido-. Arrepóñome. Calculo o punto exacto onde espetar o meu cairo de ferro. Anícome preto dela, como se fose abrazala. Cando estou certo, abato o coitelo cun golpe seco, certeiro, que lle parte o corazón pola metade. A malpocada non dá chío, estremece a penas, mal dá erguido un xoenllo; e xa o sangue en enxurrada manancial rebenta contra a miña cara. E lambo o seu sangue, estremecendo de pracer e noxo a un tempo. E daquela o zunido enchendo todo o cubículo. A voz metálica resoando como a expulsión do Edén por un deus omnisciente e desapiadado.”

Ramón Caride. “Otsabilko 20.51”. En V.V.A.A. Contos do Sacaúntos. Romasanta, o criminal. Urco editora. 2016. páxs. 25.

No hay comentarios:

Publicar un comentario