domingo, 8 de diciembre de 2019

Viaxes truncadas: Manuel Fernández, "Surtú"


Máis adiante será outro membro da familia, Manuel Fernández, coñecido como “Surtú”, veciño de Laza, de trinta anos de idade e sobriño político das García Blanco, quen inicie os preparativos para realizar a viaxe na procura das súas tías para conseguir algo de cartos.

A viaxe iniciouse o 4 de marzo de 1851, soamente dous meses despois da partida de Josefa, e tres meses antes da que será a súa última vítima. Ese día “Surtú” tomou o camiño de Castro a Rebordechao, onde quedara con Romasanta. Despois de pasar a noite alí partiron de mañá cara Montederramo. Unha vez alí Manuel Blanco Romasanta díxolle a “Surtú” que tiñan que cancelar a viaxe e retornar debido a que recibira unha carta onde lle indicaban que debía pospoñer a viaxe ata unhas semanas despois, descoñecéndose o motivo. A seguridade que “Surtú” mostrou en todo momento xunto a certa desconfianza cara o Tendeiro debeu poñer algo nervioso a Romasanta.

Despois de retornar cada un ao seu pobo quedaron de reiniciar a viaxe o día 23 do mesmo mes. Pero nesta ocasión iría Romasanta por Castro a buscalo. Pero xamais o fixo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario