Pese a que comezaban a circular certos rumores
arredor das actividades de Romasanta a familia García seguiría a fiarse do
Canicha. Luís e María García, irmáns de
Manuela e Benita, foron tentados para que fosen atoparse coas súas irmás. A
María en ningún momento sentiuse atraída pola idea. Non ocorreu o mesmo con
Luís que en varias ocasións lle manifestou ao Tendeiro o desexo de ir a
Santander comprobar a prosperidade das súas irmás. Cando a viaxe estaba
bastante avanzada Romasanta cancelouna argumentando que lle fallara os
contactos que o levarían ata alí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario