Nada en 1839 foi
asasinada no bosque da Redondela. Será a última vítima de Romasanta.
María Dolores, a
filla maior de Antonia Rúa, de once anos non marcha coa nai cando esta parte
coa súa pequena irmá Peregrina. Vive as primeiras semanas cos seus tíos, e logo
irá a Prado a servir na casa de Luís, irmán das García Blanco, con quen
permanece un ou dous meses ata que Manuel Blanco Romasanta a trae a vivir con
el. Ao parecer seguindo os desexos da nai da rapaza. A nena acepta de bo agrado
porque é quen mellor a trata. Vivira con el catro o cinco meses, ata que un día
de xuño de 1851 (outono de 1850 segundo Mariño Ferro) desapareza da casa para non volver máis. Cando lle preguntan a Romasanta
por ela, dirá que a mandou coa nai, que alá estará mellor, pois el non a
necesita para as labores domésticas. Pero o nerviosismo xa dominaba a Romasanta
e pode ser que quixera liquidar un eslavón que lle quedaba pendente coas Rúa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario