lunes, 23 de diciembre de 2019

Diagnóstico folclórico-etnográfico: o lobishome (I)


Eduardo Pérez Hervada recolle no seu libro “El hombre-lobo” distintas crenzas e supersticións que estaban estendidas polo rural galego en relación coa lúa ou cun determinado posto de nacemento entre distintos irmáns, o que levaba a ter certos poderes, entre eles algúns curativos, ou a sufrir certas metamorfoses. Entre elas a zoantropía, ou transformación nun animal.

Pérez Hervada menciona casos literarios ao longo da historia das letras: Circe que transforma en porcos aos homes de Ulises, no “Asno de oro” de Apuleyo onde hai unha transformación en burro, Dante no Canto XXV do “Inferno” converte en serpe a un condenado, na “Metamorfose” de Kafka temos un insecto...

No hay comentarios:

Publicar un comentario