“Os xornais
espertaron unha expectación insólita, unha curiosidade inusitada nos sentires
das xentes cara á miña persoa, e as discusións sucédense con continuidade sistemática e constante.
Nelas, os máis dos lectores de periódicos, é dicir, as menos das xentes das
aldeas, están a favor de que eu sexa certamente o home lobo que aseguro ser, un
ser malvado que mata e que se recrea na sorte de facelo, afectado dunha doenza
chamada licantropía; para outros son un pobre campesiño, dominado pola
superstición e maila ignorancia, que son obxecto dunha crenza xeneralizada
entre o vulgo analfabeto e atravesado, polo que me creo dominado por unha
maldición que me empuxa a me crer lobo e a matar aínda en contra da miña
vontade, co que sufro e peno como poucos imaxinan; pero tamén hai quen me
considera un ser perverso e ambicioso, cheo de cobiza, perfectamente dono dos
meus actos, que mata para obter
beneficios sen me importar sexo, estado ou condición das miñas vítimas; e,
segundo o galeno que tanto recordo e cito e que convenceu disto ós máis dos
seus colegas, son un dexenerado insensible, un sádico que goza e se recrea na
dor allea.
¿Quen son eu en realidade? Chegado a esta
altura da miña historia debo confesar que ás veces até eu mesmo chego a
dubidar.”
No hay comentarios:
Publicar un comentario