Tamén o mito da
licantropía ou “lobishome” está estendido por toda Europa, e foi tratado
literariamente desde antigo: Plinio, Estrabón, Virgilio, Patronio, Luciano de
Samosata, Ovidio, Platón, Pausanias, Santo Tomas de Aquino, San Jerónimo, San
Agustín e moitos máis autores clásicos, medievais e modernos.
A metamorfose en
lobo pode ter múltiples motivos: un pacto co diaño, que este se apodere das
persoas, froito dun acto de bestialismo
ou de contacto sexual cun animal, provocado por alucinacións resultado de
ungüentos ou pócimas de meigas, polo simple feito de cubrise con pel de lobo,
ou fretando unto de sapo, por herdanza xenética, ou por maldición familiar
(“nunca farto de carne te vexas” maldiciu un pai ao seu fillo en Viana do
Bolo), por comer medula de lobo ou carne humana, por ser fillo ilexítimo ou ter
nacido o sétimo fillo nunha familia na que só hai varóns...
No caso de
Romasanta sería unha maldición do seu pai o que faría que a “fada” actuase
sobre el. A “fada”, o “meigallo” é unha forza estraña, misteriosa, máxica,
espiritual, sobrenatural, diabólica, causada polo mal de ollo (ou o mal do
aire, ou un bebedizo, ou o diaño...) o que fará que posea os nosos corpos
xerando unha maldade nesa persoa. Irán aos montes, envorcallaranse na terra,
nos prados, vivirán como lobos, devorarán carne humana...
No hay comentarios:
Publicar un comentario