lunes, 16 de diciembre de 2019

Mortes atribuídas (II): Manuel Ferreiro


Cando se fixeron públicas as sospeitas de que Manuel Branco, o home do unto, asasinara a varias mulleres coas que viaxaba, a esposa de Manuel Ferreiro denunciou a desaparición do seu marido porque gardaba analoxía cos casos de Rebordechau.

A Manuel Ferreiro, que tamén se dedica a vender panos de xeito ambulante faille Romasanta un pantalón no ano 1834. Nese mesmo ano atópanse na Limia e marchan xuntos cara Chaves a comprar mercadoría. Meses despois regresaría só Romasanta a súa casa de Xinzo e diríalles a súa muller e a súa filla que lles entregara toda a súa roupa por petición de Manuel. Este nunca máis volveu aparecer pola súa casa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario