"... e despois tocoume levemente cos dedos na punta do nariz e dixo: "Vai unha noite preciosa". Mirei para o ceo. Cara á nosa esquerda, por riba do Pico de Zas, o resplandor das luces da cidade, escondida detrás do monte, dáballe a este un aspecto místico, un aura de cousa santa que a Carlos, en cambio, lle pareceu como o lombo azulado dun porco bravo posto sobre unha grella ardendo. Naquel momento escoitouse ao lonxe o ouveo dun can, un lamento ferido de animal que venta a morte e que me deixou muda, coa gorxa apertada polo medo."
Carlos Casares, O sol do verán. Ed. Galaxia, Biblioteca Carlos Casares, nº3. 1ª edición, 2002; 4ª edición nesta colección, Vigo, 2011. Páx. 62-63.
No hay comentarios:
Publicar un comentario