"Eu non sabía ben quen era o Xigante Briareiro, pero Carlos aclaroume que na parte máis alta do Pico de Zas, nunha das canteiras abandonadas, entre as neves, vivía un monstro horrible, con tres cabezas e centos de brazos. "Pero se non Pico nunca hai neve", dixenlle eu. (...)
Colleu catro paus bastante gordos, fixo con eles unha especie de cadro e colocouno no medio da parede da caseta que daba cara á parte alta do Carpazal."
Carlos Casares, O sol do verán. Ed. Galaxia, Biblioteca Carlos Casares, nº3. 1ª edición, 2002; 4ª edición nesta colección, Vigo, 2011. Páx. 77.
No hay comentarios:
Publicar un comentario