"Fusilárono hoxe pola mañá, mentres estabamos no Carpazal. Eu oín os tiros." páx. 51
"Mamá achegouse a Carlos, fíxolle unha caricia e díxolle que había que ir durmir, que ao dia seguinte tocaba comer no Carpazal e que os nenos tiñan que axudar a trasladar as cestas pequenas. A min gustoume que mamá dixese aquilo e que tía Mercedes non lle replicase, porque iso quería dicir que a Carlos non o ían mandar para a súa casa de Bóveda. (...) Seguía sen entender qué lle sucedera a Carlos cando estabamos no Carpazal pola mañá e botou a correr monte arriba."
Carlos Casares, O sol do verán. Ed. Galaxia, Biblioteca Carlos Casares, nº3. 1ª edición, 2002; 4ª edición nesta colección, Vigo, 2011. Páx. 55.
No hay comentarios:
Publicar un comentario