"O peor de todo, non obstante, eran as tardes. Cando o sol empezaba a baixar por detrás do Pico do Corvo, conforme o ceo se ía tinguindo de vermello, eu sentía que as veas se me encollían e que me apertaban no pescozo e a respiración se facía máis delgada ao pasar pola gorxa. Despois só quería chorar.
Unha semana despois de que o criado Anselmo levase a Carlos cos seus pais, un día pola mañá, cando eu estaba no balcón mirando cara ao Carpazal sen pensar en nada, cos ollos distraídos sobre as grandes copas verdes das faias que se erguían á beira do estanque, de pronto escoitei a bucina dun coche que pitaba na curava do Cruceiro e vin o Citroën negro do pai de Carlos que avanzaba cara á nosa casa."
Carlos Casares, O sol do verán. Ed. Galaxia, Biblioteca Carlos Casares, nº3. 1ª edición, 2002; 4ª edición nesta colección, Vigo, 2011. Páx. 44.
No hay comentarios:
Publicar un comentario