"Un día, mentres Susa traballaba na cociña, despois de que tía Mercedes comentase que, na véspera, Leopoldo estivera só na solaina ata preto das cinco da mañá, cos ollos postos no río, sen dúbida matinando en algo que non se podería pensar que fose bo, refocilándose quizais nas porcarías da súa conciencia, chea de vicios, a criada replicoulle que, con perdón, ela non tiña tan mala opinión do señorito Leopoldo, que lle parecía un home agradable, e que para ela abondaba que a señorita Carmela o quixese ben e se sentise contenta cando viña pasar aqueles días de verán á casa de Beiro e que ademais era un señor educado e simpático."
Carlos Casares, O sol do verán. Ed. Galaxia, Biblioteca Carlos Casares, nº3. 1ª edición, 2002; 4ª edición nesta colección, Vigo, 2011. Páx. 70.
No hay comentarios:
Publicar un comentario