viernes, 15 de diciembre de 2017

Os ollos claros daquela moza

"Nunca, nos anos que seguiron, se atreveu ela a contarlle que os estivera observando a ambos os dous aquel día no Clube de Tenis. Mesmo tivo que mentirlle a primeira vez que el lle falou de Mariana durante unha excursión que fixeron ata Padrón, cando regresaron a Santiago en outubro para iniciar o curso seguinte e ela se empeñou en dicir que non a vira endexamais, aínda que nunha ocasión anterior, paseando un domingo pola Rúa do Vilar, en Santiago, ponderara con admiración a fermosura dos ollos claros daquela moza."

Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul. Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 39.

No hay comentarios:

Publicar un comentario