"Trátase dun relato inicialmente inspirado nun rumor recollido e refutado
polo Padre Feixoo, que refire como un día se correu pola comarca de Fisterra a
noticia de que chegaran polo aire tres homes, problablemente axentes secretos ó
servicio dunha potencia do norte, que saíron dunha nube, baixaron a comer a
unha pousada e despois volveron marchar polo aire, con destino á guerra de
Portugal. Foi precisamente o argumento en contra empregado polo sabio frade
bieito, que sinala a contradicción existente entre o poder ilimitado de Satanás
e a utilización máis ben inocente dos seus recursos, malgastados en enviar tres
homes cando se poderían transportar polo mesmo método varios navíos e todo un
exército, o que lle suxeriu unha novela sobre a presencia do demo no mundo."
Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul. Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 43-44.
No hay comentarios:
Publicar un comentario