jueves, 14 de diciembre de 2017

O seu rostro inocente e feliz

"Levaba o camafeo porque se sentía moi contenta de ter unha avoa tan fermosa, retratado o seu rostro inocente e feliz ó pé dun rosal florido que había na horta da casa, preto do Parque, o mesmo día que soubo que o avó tamén a quería. Aquela foto, ademais, gardaba o secreto dunha coquetería inocente: fora retocada por un fotógrafo italiano para eliminar as pencas que salpicaban de forma graciosa a cara e a fronte da avoa, un rasgo que a mortificou durante anos."

Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul. Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 33.

No hay comentarios:

Publicar un comentario