"Esa conducta tolerante coa curiosidade da súa muller soamente se produce cando trata de asuntos que non lle importan demasiado, como poden ser as contas da administración das terras de Sabucedo ou as fichas onde vai anotando os gastos da casa da aldea. (...) Por exemplo, unha carta ou requisitoria para o adminstrador das terras de Sabucedo, de quen o comandante Eloi lles comunicou o outro día que ultimamente fixo en público algúns comentarios imprudentes sobre os sucesos do cuartel."
Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul. Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 46-47.
No hay comentarios:
Publicar un comentario