domingo, 3 de diciembre de 2017

Cara de queixo fresco

"Que Mary Pickford era retaco e que lle faltaba un cacho de perna pensábao desde que vira a primeira película da actriz, moito antes de que el pronunciara aquela frase estúpida que tanto a mortificara. Sendo adolescente aínda, cando asistiu coa súa nai á proxección de Cinsenta naquel mesmo local, saíu da sala coa impresión de que a Pickford non era tan guapa como oíra dicir e que levaba razón o periodista que escribira nun periódico que aquela Cinsenta de caramelo tiña cara de queixo fresco."

Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul. Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 21.

No hay comentarios:

Publicar un comentario