domingo, 17 de diciembre de 2017

A profundidade do pozo

"Faloulle desta novela por primeira vez durante o verán do ano 132, unha tarde que chegaron paseando pola beira do Miño ata o chamado Pozo Maimón, situado nunha curva ampla e pechada do río, onde as augas están sempre negras aínda en días transparentes e azuis, remansadas igual que se formasen un lago pequeno e a corrente se detivera alí para descansar e deixara de fluír. Sentados nunha pedra á beira da auga, sobre o mesmo muro que soporta a vía do ferrocarril, el dixo que lle oíra contar ó seu avó Arturo, en ton de burla, que en diversas ocasións quixeran medir a profundidade do pozo, primeiro os propios paisanos do lugar, empregando cordas e sedeños, e máis tarde un grupo de profesores do Instituto, e que en ambos casos e noutros moitos que se intentaron despois por parte de curiosos e afeccionados, fora imposible conseguilo."

Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul. Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 44.

No hay comentarios:

Publicar un comentario