"Xa de solteira as tiña un puntiño anchas de máis nas canelas e estreitas na parte inferior, como se formasen unha pera ou esa barriga da que falan os paisanos cando se refiren con malicia ás pernas das mozas. Foi a impresión que lle deron a primeira vez que a viu sentada onda el nun banco do Clube de Tenis. E aínda que despois de casar se lle compuxeron dunha forma espléndida, especialmente cando aumentou os primeiros quilos, antes de poñerse gorda como agora, pronto pasaron a ser unhas pernas calamitosas, indignas dun corpo alto e delgado como o seu, máis ben gracioso no seu conxunto, mesmo elegante e delicado."
Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul. Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 23.
No hay comentarios:
Publicar un comentario