"nas frecuentes correrías que ambos os dous seguen a un lado e ó outro da fronteira, aproveitando a común paixón pola caza, pero o cabo do posto da Forxa non está convencido de que se trate soamente de cousa de mulleres, polo menos polo que respecta a estas últimas visitas, e malicia que poida haber algo máis, quizais actividades relacionadas co contrabando, por moito que de momento careza de probas para proceder ó interrogatorio ou á detención do sospeitoso."
Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul.
Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 50.
No hay comentarios:
Publicar un comentario