"do tamén pintor Laxeiro, que pregunta si é certo que hai unha cousa que se chama Arabia Saudita; do bispo de Ourense; dun negro que se foi matricular á Facultade de Filosofía e Letras e que cando lle preguntaron (nadie cre tal cousa) que en qué rama se quería matricular, respondéu yo no quiero una rama, yo queiro pupitre como loj blanco; do Che Guevara; de Vicente Risco, que está tan maliño que pasa o día pedindo que lle preparen sete tazós de café con leite e sopas, pra sete mensaxeiros que van vir de Oriente."
Carlos Casares, Xoguetes pra un tempo prohibido, ed. Galaxia, 4ª edición, Vigo, 1976; páx. 115.
No hay comentarios:
Publicar un comentario