"E pra que a voz recente de Ricardo falando no café resonara dentro con máis forza aínda, femia de luxo, rapaza leda correndo sin respiro polos prados altos da Telleira, escapando do pai que protestaba (esta nena estame saíndo demasiado cabra) (...)
Pero uns días despóis foi buscala pra dar un paseo e tomar uns vasos xuntos. Escoitóu novamente a historia, e cando pola noite voltaron á casa, sabían xa que a nova camiñaba dereita cara a Telleira, que entraría ó día seguinte no correo das once."
Carlos Casares, Xoguetes pra un tempo prohibido, ed. Galaxia, 4ª edición, Vigo, 1976; páx. 126/130.
No hay comentarios:
Publicar un comentario