miércoles, 10 de agosto de 2016

A Colleita, 34

Primeiros textos traducidos ao galego de Rabindranath Tagore. Foi publicado na revista "A Nosa Terra", no número 38, o 30 de novembro de 1917, na sección "Contos alleos", xunto ao poema "O mestre e as xoyas", que se corresponde co número 12 do mesmo libro, "A colleita". Aínda que non aparece citado o tradutor, trátase de Vicente Risco. Aparece por primeira vez co título "O desterro".  Ao ano seguinte, o 30 de maio de 1918,  no nº 26 da mesma publicación, "A nosa terra", aparece traducido, de novo, pero con múltiples variantes, e titulado "O santo Narottam". Recollemos as dúas versións.



O DESTERRO
-"Maxestade,- dixo o súbdito ô rei-  o santo Norottam endexamáis dignóuse entrar no teu tempro, e cantando anda gavanzas a Deus,  baixo das albres nos camiños reás.
Noso tempro atópase deserto.
Os feles prefiren  axuntárense  ô seu redor com´as avellas ô redor do branco loto, desprezando o dourado cális de mel."
O rei cô corazón tristeiro foise xunto de  Norottam qu´istaba sentado sobor da herba, e díxolle:
-"Pai, ¿por qué deixas meu tempro de cúpulas  d´ouro,  e séntaste no chan a perdicar o amor de Deus?"
-"Porque Deus non háchase no teu tempro- repricoulle-o Santo.”
"O rei frunceu o ceño, dixo: - "¿Non sabes qu´enfaguer isa maravilla d´arte gastáronse vinte millós, e que foi consagrado á Deus en meio de suntuosos rituaes?
-"Si, ben-o sei,- repricóu Norottam-.  Foi n- aquil ano en que milleiros de teus súbditos cuios seus lares foran queimados, improraban inútilmente tua misericordia âs portas do teu tempro. E Deus dixo: N´é posible qu´istos desleigados que non saben socorreré á seus irmáns, sexan os que fagan a miña casa… I-elixéu o seu posto entr´os desamparados nos camiños reás, â soma das albres.”
O Rei berróu encabuxado: -"¡Vaite da miña terra!"
Tranquilamente o santo respondéu: -"Sí, fas ben,  destérrame á onde desterrache meu Deus."
   (Vicente Risco, A Nosa Terra, nº 38, 30 de novembro de 1917)   1ª versión

 
 O SANTO NAROTTAM

"Señor, o santo Narottam nunca dígnase vir ô teu tempro real", dixo ô Rei seu servo: "Si foras â alboreda do camiño, ollarías a xente atropellarse pra ouvirlle cantar as gabanzas de Deus, como enxame d´abellas orredor d´un loto branco. ¡E o tempro, entramentras, háchase valeiro, sin servizo o dourado tarro de mel!"

O Rei magoado no seu corazón, foise ô campo onde Narottam ouraba sentado na herba, e díxolle: "Pai, ¿por qué te sentas no polvo do campo, pra predicar o amor de Deus, e non vas ô meu tempro da cúpula d´ouro?"

"Porque Deus non s´hacha no teu tempro", respondéu Narottam.

"O Rei, ceñudo, dixo: "¿Non sabes que se gastaron vinte millós d´ouro en erguel-a maravela; que foi consagrado côs mais costosos ritos?"

"Si", contestóu Narottam, "seino. Foi n- aquel ano en qu´o fogo abafóu ô teu pobo; e milleiras de probes viñeron en vano a pedir â túa porta. Decía Deus: "¡Miserabre ser  que non pode donar casa ôs seus irmáns, e quer erguel- a miña!" E foise côs desvalidos, baixo os álbores do camiño.

"Isa pompa d´ouro que ti dis, non ten dentro mais qu´o vafo quente do teu orgulo."

Cheo de carraxe, o Rei berróulle: "¡Vaite do meu reino!"

O Santo respondéulle tranquilo: "Si, destérrasme a onde desterraches ô meu Deus."

   (Vicente Risco, A Nosa Terra, nº 56, 30 de maio de 1918)  2ª versión

 

(Autotraducido por Tagore do orixinal bengalí,  Fruit-Gathering, 1916)



"Señor, el santo Narottam nunca se digna venir a tu templo real - dijo al Rey su siervo-. "Si fueras a la arboleda del camino, verías la jente atropellarse por oírle cantar las alabanzas de Dios, como enjambre de abejas alrededor de un loto blanco. ¡Y el templo, en tanto, está vacío, sin servicio el dorado tarro de miel!"

El Rey, mortificado en su corazón, se fue al campo donde Narottam oraba sentado en la yerba, y le dijo: "Padre, ¿por qué te sientas en el polvo del campo, para predicar el amor de Dios, y no vas a mi templo de la cúpula de oro?

"Porque Dios no está en tu templo", respondió Narottam.

"El Rey, ceñudo, dijo: "¿No sabes que se gastaron veinte millones de oro en levantar la maravilla; que fue consagrado con los más costosos ritos?"

"Sí -contestó Narottam- lo sé. Fue en aquel año en que el fuego devastó tu pueblo; y millones de pobres vinieron en vano a pedir a tu puerta. Decía Dios: "¡Miserable ser  que no puede dar casa a sus hermanos, y quiere levantar la mía!" Y se fue con los desvalidos, bajo los árboles del camino.

"Esa pompa de oro que tú dices, no tiene dentro más que el vaho caliente de tu orgullo."

Lleno de ira,  el Rey le gritó: "¡Vete de mi reino!" El Santo le respondió, tranquilo: "Sí, me destierras a donde desterraste a mi Dios."

  (Zenobia Camprubí, La Cosecha, 1918)




No hay comentarios:

Publicar un comentario