A BAIADEIRA
Estintas
hachábanse as luces e pechadas todal-as portas da cibdade. No turbo ceio
d´estío, as nubes velaban as estrelas.
De
súpeto, un pé abalóu sonoramente as suas axorcas de prata e rozou a peito de
Ugaponta.
O
xoven despertóu con soborsalto e a craridade
vacilante d´unha lampa firéu os seus ollos ateigados de bondade.
Adivirtéu
unha baiadeira, ebria cô viño da sua xuventude, cuberta de pedreirías
multicolores i-envolveita n-un manto azul pálido.
Á
baiadeira aproximóu a lampa pra alumeare a faciana fermosa, mais severa, do
xoven asceta.
-Perdoa,
xoven anacoreta, que te despertas, -dixo a baiadeira. Dignate vir conmigo. O
camiño polvorento non é leito axeitado a tí.
-¡Sigue
o teu camiño, fermosa antre as fermosas!- repuso o eremita-. Iréi a buscarte
cando sexa chegado o momento.
De
súpeto, a noite moura amostróu os seus dentes con un lóstrego deslumeante, e a
baiadeira tremóu de medo.
-------
A hora
do ano novo sonóu. O vento zoa. As poulas das álbores choran, deixando caer
unha chuvia de pétalos. Primaveiral brisa mol trae moi lonxe os sóns do
caramillo. Os homes corren pol-o bosque, celebrando a festa das froles.
Derriba
dos teitos da cibade dormida cae dos eeios a craridade do plenilunio.
O
xoven anacoreta avanta pol-o camiño deserto, escoitando as queixas amorosas
d´un paxaro pousado nas poulas d´un magnóleo.
Ugaponta
acércase ás portas da cibdade e detén os seus pasos.
¿Quén
é a aquela muller, deitada no polvo, preto das murallas?
E a
baiadeira, cuberta de chagas, atacada pol-a peste negra; botárona da cibdade.
O
xoven eremita séntase á beira da baiadeira, pousa derriba dos seus xionllos a
testa malada, humede con auga fresca os seus labres aburados e unxe de óleo o
seu corpo.
-¿Quén
eres, anxel de misericordia?- murmula laiándose a baiadeira.
-Chegou
o momento de qu´eu veña a tí, i-eiquí estóu, como cho prometín.
(Vicente
Risco, A Nosa Terra, nº 47-48, 10 de marzo de 1918)
(Autotraducido por Tagore do orixinal
bengalí, Fruit-Gathering, 1916)
(Zenobia Camprubí, La Cosecha, 1918)
No hay comentarios:
Publicar un comentario