No número 5 da Revista La Centuria, correspondente a outubro de 1917, Vicente
Risco en pouco máis dunha páxina, en castelán, fala de Tagore: amosando en
primeiro lugar a súa estrañeza polo feito de que a academia sueca lle concedera
o premio Nobel de Literatura en 1913, contribuíndo a divulgar a súa voz por
Europa; para facer logo un breve
recorrido pola súa vida e a súa obra, aludindo as súas publicacións
inglesas, e destacando a súa popularidade na India; tamén analiza brevemente o
seu misticismo e destaca unha serie de autores europeos que se preocuparon pola
súa obra. Tamén analiza a perda de musicalidade que supoñen as súas traducións
ao inglés, aínda que manteñan a orixinalidade das imaxes, a sinxeleza do estilo
e a intensidade da súa emoción.
Posteriormente traduce ao castelán, directamente do inglés, tres poemas que
pertencen ao seu libro Gitánjali, publicado en Londres en 1912, e
autotraducido por Tagore directamente do bengalí. Na revista non hai referencia
algunha a procedencia dos poemas. Corresponden cos poemas 37, 88 e 17 (nesta
orden) seguindo a numeración que aparecía no orixinal inglés e que se manterá
na primeira tradución do libro completo do ano 1918, realizada por Zenobia
Camprubí, asesorada polo seu home Juan Ramón Jiménez.
No hay comentarios:
Publicar un comentario