"O de máis corazón nas pelexas, no subirlle aos árbores, xa dende moi novo, e tamén no río era Roxerio, o da Pepa do "Solimán", que lle ía a calquera cunha man atada, e a tres coas dúas soltas, e atravesaba o Miño pola Ponte Maior somurmullando, só con dous alentos, dunha banda a outra, polas cepas da Ponte Maior, i en catro pola parte onde o río vai acachoado; e que xurdía arrebatado, cos ollos sanguiñosos, que a respiración non lle voltaba ao ser até despois de quedar un bo anaco debruzado e alentando a fondo."
Eduardo Blanco Amor, Xente
ao lonxe , páx. 66, Editorial Galaxia, Vigo 2006 (2ª edición en BBA).
No hay comentarios:
Publicar un comentario