“...e colleu o Atanasio como si non lle tocase, i empurrouno, coma si nono empurrase, collido con dous dedos, e botouno pola porta traseira, e puxo no seu canto, pra repartir o pan, a Xanete o Vesgo, tan formal, que estaba a esmola na Ponte Maior, todo
escarallado, a máis do ollo chosco só tres dedos na esquerda, a pata esfolada, sin cura; que lle apuñan que a ferida da canela direita, decote a lixir materia e sangue, era pintada, que a do barreno xa fora de moi mozo nas Asturias das minas, e aínda tan fresca arestora, a manar no meio da canela os días de feira, ou na novena dos Remedios, que apañaban, asegún decían, máis de mil reás”
Eduardo Blanco Amor, Xente
ao lonxe , páx. 41, Editorial Galaxia, Vigo 2006 (2ª edición en BBA).
No hay comentarios:
Publicar un comentario