"-Ai, Jasús,¿il veríanme entrar?
-Non muller non, arestora e con iste solazo están todos a botar a siesta.
-Dixéronme que é caso de escomunión.
-Vaiche boa... Aínda hei ver por eiquí ao párroco de Santa Eufemia.
-Tamén me dixeron que vén xente do señorío a botalas.
-Je, queres sacar unha doutra... Vés a bo sitio con estrucias...
-É que as señoras da Conferencia de San Vicente teñen poder pra a desterrar como fixeron con aquela Isabel a fodona que andaba a emborcarllarse nos baixos da Barronca cos rapaces novos, a dous reás deitada, e a dous patacos si era coa man, ¡porca!... Será millor que me vaia ¡malia a ideia que eiquí me trouxo!
Eduardo Blanco Amor, Xente
ao lonxe , páx. 35, Editorial Galaxia, Vigo 2006 (2ª edición en BBA).
No hay comentarios:
Publicar un comentario