"Ríronse todos. Ouviuse nos autos de San Francisco a retreta do Reximento de Ceriñola, que era a sinal que tiñan os rapaces pra a desfeita. Abalaron adispacio, sin desfacer a xuntanza.
-Pois eu dígovos que si ollan a unha fulana desnuda e non quecen...
-¿Que?
-Pois que non son homes.
-O que pasa é que as ollan a centos e rematan por se afaceren."
Eduardo Blanco Amor, Xente
ao lonxe , páx. 70, Editorial Galaxia, Vigo 2006 (2ª edición en BBA).
No hay comentarios:
Publicar un comentario