"Estaban a botar o pito, uns sentados no chan e outros encostados no paredón do xogo de pelota do hospital vello de San Roque, a carón da Alameda do Concello.
Axuntábanse alí á saída do traballo ao serán no bo tempo, no inverno nos soportais do Espolón, pra falar. Pouco máis ou menos todos eran adeprendices dos oficios i estaban aínda nise tempo misturado, de xogos e trastadas mais tamén de novas preocupacións."
Eduardo Blanco Amor, Xente
ao lonxe , páx. 65, Editorial Galaxia, Vigo 2006 (2ª edición en BBA).
No hay comentarios:
Publicar un comentario