"que en A. o que non se sabía inventábase, que si tumba, que si taramba, que tal e que sei eu; e que si a língoa ten bo corral o dito non contaba ren pra a boa xentiña de A., a nai que a pariu, que tiña decote a língoa a bulir, no áer do día e na mourenza da noite, como besbesellar de coruxas ou rechouchío de pardaus, que dálle que tienes co tarabelo, que o caso era falar por falar que outra cousa que facer non a había, que..."
Eduardo Blanco Amor, Xente
ao lonxe , páx. 60, Editorial Galaxia, Vigo 2006 (2ª edición en BBA).
No hay comentarios:
Publicar un comentario