lunes, 14 de julio de 2014

Alcumes desaxeitados


 "que tamén se dixera que andiveran no asunto o señor bispo de A. o novo (que non sei por que se ten que decir o novo, que o vello xa levaba cinco anos morto) e algúns coengos, o que resultou non ser certo;
   que os de Paiva Couceiro, moitos diles desterrados na nosa cidade, traballaban e gastaban pra traeren aos reises pra Portugal (e a un diles, moi fino, noviño, que era marqués e dique lle gostaban os homes alarbios e algo tordas, chamábanlle a "Isolina, que a xente de A. era eisí pra poñer alcumes desaxeitados)"  

  Eduardo Blanco Amor, Xente ao lonxe , páx. 46, Editorial Galaxia, Vigo 2006 (2ª edición en BBA).



 

No hay comentarios:

Publicar un comentario