"que foi nesa conversa da señora Castora coa Evanxelina, cando me decatei que non falaban da cartilla da escola sinón doutra que había que ter pra o oficio de puta, e tamén soupen que iso de puta non era somentes aldraxe das mulleres ao rifaren, como os rapaces nos chamamos maricón, cabrón que non quer decir nada,
e que o ser putas era ter que estar apuntadas no Aiuntamento da Praza Maior e pasar o reconocimiento cada mes pra poder anicar cos homes e cobrarlles a xeira, que todo se vai sabendo ao seu tempo anque despois lle dea a un vergoña o ter sido tan parvaxolas e babión"
Eduardo Blanco Amor, Xente
ao lonxe, páx. 59, Editorial Galaxia, Vigo 2006 (2ª edición en BBA).
No hay comentarios:
Publicar un comentario