"-A Rocío, cal vai ser...
-¡Quen a pillara!
-Coas medias postas como nas tarxetas... aqueles peitiños tan no seu sitio, aquelas nádegas,
-Aquiles remeneos cando vén da Burga coa ola de barro, a xuício, na testa... ¡Carano ollade como me puxe...!
- Vas te que ir ao gruñeiro...
O gruñeiro, acaracochado, ruxidor, estaba alí perto, co seu fonchoso teito de ramas, seu tronco barbado, seus centos de anos, ledo xigante, cabo do río.
Todos os rapaces de A. sabían o que era "ir ao gruñeiro", gavear polas ramas grosas, entrar nos seus laberintos, perderse na mesta follax:"Soméllame que ti xa vas ao gruñeiro", "si o gruñeiro falase"... eran as coñas que os rapaces xa feitos lle decían aos máis novos."
Eduardo Blanco Amor, Xente
ao lonxe , páx. 69-70, Editorial Galaxia, Vigo 2006 (2ª edición en BBA).
No hay comentarios:
Publicar un comentario