"...que non se sabía como lle duraban atal de brancas como si ninguén lles botase a man nin o áer borralento de A. llas lixase como lixaba todo, até as pedras das casas e o cristal do ceio;
no bo tempo uns testos, con pés de albaiaca, de malvela e de amenta, no peitoril da fiestriña co aquil fresco arrecendo cando un pasaba..."
Eduardo Blanco Amor, Xente
ao lonxe , páx. 34, Editorial Galaxia, Vigo 2006 (2ª edición en BBA).
No hay comentarios:
Publicar un comentario