“Todo isto fora moito antes de se aveciñar a señora Andrea entre nós, pro xa andaba, dende facía tempo na nova tradición do pobo, moi corrido de boca a orella, entre as regateiras e comadres, nos plepas sin oficio nin beneficio de cafés e tabernas, nos beizos do señorío de balcón e caldo á merenda, nos xastres amullerados, nos maricallas de salón e nas solteironas de linaxe, nos babións faladores dos casinos e nos "caballeros" e donas parasitarios do traballo alleo, das fincas a render "en la aldea", apoleirados no
ocio das grandes moradías con pedra de armas da rúa Sandomingo ou da Pena
Vixía, todos iles nivelados polo raseiro da murmuración, vezo principal da
vila.”
Eduardo Blanco Amor, Xente
ao lonxe , páx. 57, Editorial Galaxia, Vigo 2006 (2ª edición en BBA).
No hay comentarios:
Publicar un comentario