"Pola vertente Este da serra de Penas Libres, onde está neste intre Manoliño, déitase a aldeia de Terroso, e á esquerda de Terroso, os pobos chamados da Terra de Arriba. Algúns deles áchanse en ladeiras, cabancos e barrancos que nin xiquera se ven. Son os seus nomes: Soutocovo, Tomonte, Arzoá, Berrande, Santa Comba, Trave, Moialde, Rexosende, Lamasdeite e Soutochao."
Silvio Santiago. Villardevós, Ed. Galaxia. Biblioteca Básica da Cultura Galega, nº 40; 1982. Páx. 190.
No hay comentarios:
Publicar un comentario