"Manoliño pousa agora os ollos no termo municipal de Vilardebós. A treitos vese a estrada coma unha cinta amarela que vai cara Verín. A unha banda e a outra da estrada amóstranse as aldeias as nomeadas da Bemposta, Osoño, Hospital, Devesa, Flaira, Santa María, Villardeciervos, Veiga das Meás, Bustelo, Moimenta e doña Elvira. Do outro lado, á esquerda de doña Elvira, está Enxames; e máis á esquerda de Enxames, apínase Vilarello. Manoliño torna os ollos á dereita e descobre, encravado no termo municipal do Riós, o lugar de Feilas, esquecido e isolado."
Silvio Santiago. Villardevós, Ed. Galaxia. Biblioteca Básica da Cultura Galega, nº 40; 1982. Páx. 189-190.
No hay comentarios:
Publicar un comentario