"Andaba famento e esfarrapado. Un bo día regaláronlle un traxe usado de corte, que lle quedaba á medida. Saíu á rúa con el, e un veciño, ao velo, díxolle:
-¡Benito! ¡Ai que goapo estás! Pareces o forense de Verín.
E, dende entón, o Benito foi Forense pra todo o mundo. Fai unhos meses dicíalle ao Manoliño:
-O alcume de Forense gustóume tanto, que, pra que mo siguiran chamando, botéi arreo o traxe "novo"; e desde entón, empeñéime en vestir coma os señoritos. (...)
O Forense é o xefe da mocedade de Vilardebós, e é tamén quén orgaíza as serenatas."
Silvio Santiago. Villardevós, Ed. Galaxia. Biblioteca Básica da Cultura Galega, nº 40; 1982. Páx. 187.
No hay comentarios:
Publicar un comentario