"Manoliño pensa ás veces si estes dous xogos aristocráticos -o polo e o golf- non saíron, perfeucioándose e estilizándose despóis, do pino e da porca de Vilardebós. As ferramentas veñen ser as mesmas: mocas, bolas e buratas; e as finalidades igoás: meter a bola na burata na que respeita ao golf e á porca, e levala ao terreo alleo no tocante ao polo e ao pino. Agora ben (Manoliño cecáis peca eiquí de malicioso), como por entón os rapaces de Vilardebós, que se seipa, aínda non practicaban o espionaxe internacional, é difícil imaxinar que lle copiaran estes xogos de Inglaterra."
Silvio Santiago. Villardevós, Ed. Galaxia. Biblioteca Básica da Cultura Galega, nº 40; 1982. Páx. 141-142.
No hay comentarios:
Publicar un comentario