martes, 6 de abril de 2021

Visitas de tentación

 "A cortiña do Juan do Correio está mesmo á beira da Canella da Fonte. Pola banda a Canella, a cortiña fai unha cemba alta, e remataba por entonces cunhos negrillos moi sombrizos. Pola outra banda está tapada todo ao longo por unha ringleira de lousas. Entre estas lousas e a parede dunha grande horta que hai alí, fica un carroucho estreitiño, por onde pasa a xente pra ir ao Souto e ao Toural, sobre todo no inverno, cando a Canella se volve un lagoeiro. Na punta do carroucho tapándoo, hai unha pedra que compre saltar pra pasar polo sendeiro. Por este sendeiro ou carroucho, era por onde acostumaba a se marchar o Demo cando viña a Vilardebós en visitas de tentación. Manoliño ten memoria dunha destas visitas."

Silvio Santiago. Villardevós, Ed. Galaxia. Biblioteca Básica da Cultura Galega,  nº 40; 1982. Páx. 138-139.

No hay comentarios:

Publicar un comentario