lunes, 5 de abril de 2021

Sinsombreirismo

 "O Chinita chamábase José González; era pouca cousa. Pequeno, un tantiño fraco, con xeito e pinta de señorito. Víase a miúdo polas calles, camiñando lixeiro, en cabelo e coa pruma na orella. Parecía máis ben un empregado de hotel ou un dependente de comercio. Foi cecáis quen impuxo no mundo o sinsombreirismo. Dende logo, no seu tempo, fai máis de coarenta anos, ninguén había en parte algunha que anduvese polas rúas coa cabeza descuberta. Só o Chinita de Vilardebós. (...)

 De calquer xeito, por Vilardebós dise que o José inda non lle perdonóu ao Agustín aquela falcatruada. Manoliño faría o mesmo, a pesares de ser amigo do Agustín."

Silvio Santiago. Villardevós, Ed. Galaxia. Biblioteca Básica da Cultura Galega,  nº 40; 1982. Páx. 131-132.

No hay comentarios:

Publicar un comentario